Caxigalines nella Reguera'l Campizu

28 marzo 2017

BARES DE VIGO: O BUQUÉ


O Buqué foi insignia da barificación do casco vello. Abriu nese intre en que explotaba o ambiente de viños naquela parte da cidade, outrora maldita ou agochada para o turismo ou para os propios/as vigueses. Está no centro mesmo da movida, debaixo do reloxo da Colexiata, no cruce de moitos camiños. Bar de viños, sen carta de comidas, perfeito para os primeiros grolos, eses que entonan o corpo para o resto do tempo. Apenas unhas tostas como petisco de cortesía en espazos comunais, que permiten compartir cos/coas demáis bebedores a fantasía da diversión. O local exemplifica a moda hipster de reutilización de vellos materiais e a incorporación de novos clientes de trintaetantos, máis ben de posición algo acomodada. De difícil acceso en horas punta, ofrece terraza de postureo moi prezada e unha posición envexable para se sentar e deixar pasar o tempo sen presas nen débedas. Algo umbrío para os días de primavera, ofrece ao camiñante amplas xanelas para ver pasar as xentes e entreter este entretempo inestable que non remata por marcharse. Unha cálida esquina entre Triunfo e a Palma, ese umbilicus Vici.  

Nessun commento: